Etiquetas interesantes.

lunes, 16 de abril de 2018

Parece que se empeza a achegar a primavera.

Cantas ganiñas tiñamos de sol, de flores,  do cambio de estación. Para facer máis doada a espera traballamos a subitización empregando flores, moitas flores cos catro primeiros números ( pinchando na imaxen podedes probar na casa)


Pintamos, escribimos, picamos e estampamos traballos de esta estación do ano.

Para facer o traballo máis divertido pintamos un ceo azul con canicas e logo debúxamonos acompañados dunha bolboreta.


viernes, 13 de abril de 2018

A metade de 6 é 3 e ...

con este número estiveron a traballar na clase de 3 esta semana. Xa saben moito de números pero a súa mascota, Peliños, estalle ensinando a facer  o trazo. Por todo iso e usando o ABN traballamos de distintos xeitos.
Cos osiños separamos en dous cubetas. Nunha os que tiñan tres buratiños. Na outra todos os demais.



Despois cos policubos fixemos torres con tres pisos.



Traballamos  na búsqueda de conxuntos equivalentes facendo emparellamentos. Unha vez feitos os emparellamentos  relacionámolos con patrones físicos con significado ata o número 5 (dedos da man, Reis Magos, patas dun can, número de ollos, ...)

Outra forma de traballalo foi poñer tres pezas no decicubo e discriminar o nº 3 tanto en forma de número, de dedos da man, cos puntos dos dados, primeiro todos xuntos e logo de forma individual con fichas de elaboración propia.



miércoles, 11 de abril de 2018

Avanzando coas casiñas...

A piques de comezar o terceiro trimestre quixemos avanzar un pouco máis coas casiñas e coa descomposición. Así tamen repasamos o reparto irregular. Engadimos unha nova habitación á casiña. Ao principio custaba encher a terceira habitación, pero pronto entraron na dinámica.



Para completar o traballo co número seis fixemos actividades no encerado e unha ficha na que traballamos "todo sobre o número seis".


                                       Seis aplausos para estes nenos e nenas!!

martes, 10 de abril de 2018

BOA VIAXE!

   Na clase de 5 anos estivemos de despedida, Cristal marcha a vivir a Londres e despois de 3 cursos xuntos, a tarde estivo chea de emocións.
Grazas familias por a vosa colaboración, para que fora unha tarde especial!














jueves, 29 de marzo de 2018

Felices Pascuas...



A última semana do trimestre adicamos a preparar os nosos ovos de Pascua para levar para a casa. 
Eran uns ovos simbólicos, pero fixo moita ilusión porque as vacacións estaban a piques de chegar.

                   En tres e catro usaron as patacas para dar formas divertidas de Pascua.
















          Na aula de 5 tocou facer coenllos, uns estampando o fondo e outros pintando, recortando e   logo xuntando todas as partes.









                                    Con todos os nosos desexos para estas vacacións.



viernes, 23 de marzo de 2018

CUMPLES MARZO

                  Rematamos o trimestre cos aniversarios dos nenos e nenas que cumpliron
                      anos no  mes de marzo.





Parabéns a todos!

miércoles, 21 de marzo de 2018

Rematamos o proxecto do polo norte.


Para rematar trimestre, estivemos a traballar co proxecto do polo norte e aprendemos ademais de vocabulario, moito sobre a vida dos esquimós e do polo norte. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballiño.


                                     Os esquimós saúdanse co nariz.


                              O  polo Norte está cheo de icebergs. Nós fixemos un iceberg...








                              Aprendemos como se visten os esquimós.



                                  E que animais viven no polo norte, unha morea...


          Xogamos o aiagag, un xogo dos esquimós. Eles fabrícano con osos de foca, un pau e un cordel. Nós fixemos un moito máis fácil con materiais da aula. Eso si, ao principio custounos moito meter o pau dentro do aro, pero despois...fomos todos uns expertos.





               E por último un resumo do que aprendemos contando por eles...

lunes, 19 de marzo de 2018

Feliz día a todos os papis!!

Aínda que sabemos que o día do pai é todo o ano, unha aperta moi forte de parte de todos os peques ...











miércoles, 14 de marzo de 2018

Xogamos cos números.

A piques de rematar o segundo trimestre os números van medrando. Cada un tiña dous osiños que tiña que colocar no plato correspondiente e función do número de buratiños que tiveran.


E como o nome do encargado tiña seis letras aproveitamos a ocasión para cambiar de número protagonista: o seis. Foi moito máis sinxelo coa axuda do dado.



E como coa nosa mascota estamos a traballar o número dous e resultounos máis sinxelo buscalos na alfombra. Despois na ficha non se escapou ningún.

lunes, 12 de marzo de 2018

Do 5 ao 9 de marzo...

foi a semana de prensa. Aquí vos deixamos a nosa aportación e traballo...

Os mandilóns vermellos traballaron o positivo e o negativo.........

 
Cada un fixo o seu xornal personalizado: nome e debuxo.

E como andamos de visita pola selva fixemos un collage dunha xirafa con papel de xornal que despois pintamos con cera e fixemos manchas co pincel.



Os mandilóns verdes aproveitando que empezaron co proxecto do polo norte compuxeron a palabra iglú con letras de xornais e debuxaron un iglú no xornal.




Os mandilóns laranxas estiveron a buscar  noticias.



Prepararon entre todos o taboleiro das boas noticias!




Tamen fixeron unha chuvia de letras neste traballo.




Hoxe tocou buscar no xornal unha noticia que acontecera no Carballiño
.







Related Posts with Thumbnails Gracias - Mensajes y Imágenes!