domingo, 12 de marzo de 2017

Semana da prensa.

Esta semana estivemos de dobre celebración...e tamén tocou traballar coa prensa na escola. Como os máis peques do cole xa comezan a coñecer as letras do seu nome, tocou buscar en xornais e revistas cada un as súas letras para compor o nome. Ollade que ben o fixeron!



Outro día tocou traballar coas imaxes. Primeiro cada un elixiu a que máis lle gustou e comentouna. Posteriormente cortámola en anacos e compuxérona coma se de un puzzle se tratara.



Un dos xogos que máis lles gustou esta semana foi o de compor o seu nome. Están feitos todos uns "expertos" na materia. Aquí vos deixamos as súas primeiras "rúbricas".



No hay comentarios:

Publicar un comentario